- LIÑA DE ALTA TENSIÓN. ¿ POR DONDE ?

Categorías:

Sociedad

Etiquetas:

Denuncia

Comentarios:

Sin comentarios

Os impactos dunha nova liña eléctrica merodean a Parroquia de Morás

Un novo proxecto de Red Eléctrica Española pechou en xaneiro o seu período  inicial de consultas aos Concellos e outras Institucións. Agora será Medio Ambiente quen determine o alcance do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto, pero… ¿que é isto?

Trátase dun documento no que prantexarán tres opcións para o percorrido, das que só unha será a realmente factible. Unha vez presentado este Estudo de Impacto, en caso de disconformidade, calquera persoa poderá doadamente presentar alegacións persoais ou grupais (Clubes, Asociacións, Federacións, …).

As liñas propostas transportarían 440.000V dende unha nova subestación eléctrica de 8Ha de superficie inicial, ubicada en Abegondo, ata chegar a Eirís (A Coruña), e pasando por Xalo, Carral, Bregua, Orro, Monte das Arcas…Todo o tendido, ata a súa chegada á Zapateira, sería aéreo e atravesaría varios hábitats protexidos.

As investigacións sobre os efectos sobre a saúde e o medioambiente son diversas. A pesar das diferentes opinións, todos coinciden na devaluación do terreo que pisan e en quén percibe millonarios beneficios.

As preguntas son: ¿É necesaria?, ¿Por qué un aumento da demanda? ¿É posible aproveitar infraestructuras existentes? ¿Existen alternativas de mayor custo (económico) e menor impacto (socioambiental)? facebook - NosDecidimos

 

0 Comentarios

Envia un comentario